| | VILAR DE SANTOS |
| A VENDA | AS CASAS DA VEIGA | BREIXOME DE ABAIXO | |
| BREIXOME DE ARRIBA | CASTELAUS | LAIOSO | O MOSQUEIRO |
| O VIEIRO | PARADA DE OUTEIRO | TOXEDIÑO |
A Ponte, A Venda, As Casas da Veiga, Breixome de Abaixo, Breixome de Arriba, Castelaus, Laioso, O Mosqueiro, O Vieiro, Parada de Outeiro (Santa María), Toxediño, Vilar de Santos (San Xoán)
![]() Vista do Concello. Museo Etnográfico. Igrexa de San Xoán.
"Arracada castrexa".
Telar. Albergue rual "A Escola". Sala del museo. Miliario romano. |
SITUACIÓN.
Seguindo a estrada C-531 que comunica Xinzo de Limia con Celanova, o sudoeste da provincia de Ourense, atopase o concello de Vilar de Santos.
Comprende as parroquias de Parada de Outeiro e Vilar de Santos que ocupan unha superficie de 20,4 Km2, converte a este concello no mais pequeno da comarca da limia da que forma parte, así coma un dos de menor extensión da provincia de Ourense.
Un concello pegado a terra como o seu nome indica (vilar, derivación de Vila, que designaba inicialmente unha explotación agrícola coas vivendas dos cultivadores).
DESCRICIÓN XEOGRÁFICA. Dende o punto de vista físico, distínguese no concello dúas unidades morfolóxicas ben diferenciadas: o norte atopase a zona montañosa, formada por elevacións superiores ós 700 metros, destacando os montes de O Castro con 842 metros e Cubelo con 786 metros. O sur, e a medida a que nos achegamos cara o río Limia, o terreo faise mais chan xa que as terras son resultado da desecación da Lagoa de Antela.
A rede hidrográfica do concello e pobre, só cabe destacar o rio Lameiras e o canle da Lagoa de Antela, o rio Limia actúa de fronteira administrativa entre este concello e o de Xinzo de Limia.
O clima oceánico da zona caracterizase por ter unhas temperaturas extremas con veráns secos e calorosos, e invernos fríos e secos, a maior cantidade de precipitacións acumulase nos meses de outono e inverno, o que posibilita o desenvolvemento de formacións vexetais e arbóreas típicas da area (carballos, pinos e matagueira moi diverso).
HISTORIA E ARTE
A presencia humana na zona remontase a época prerromanica. Testemuña deste tempo é a celebre arracada de Vilar de Santos, arracada "castrexa" de gran valor, realizado en ouro con gran mestría. A peza foi atopada no ano 1924. Hoxe podemos admirar unha reproducción no museo da Limia.
Os pobos xermánicos (suevos e visigodos) deixaron impronta nos topónimos. Para os veciños ten especial relevancia o de Saa, antiga capitalidade sendo hoxe un lugar abandonado a punto de ser recuperado cun proxecto de turismo rural.
Os romanos construíron a vía XVIII o "Vía Nova" entre Braga e Astorga. Boa proba do seu paso por Vilar de Santos son os abundantes miliarios (Columnas de pedra que sinalaban as millas da vía ) que se atoparon aquí, moitos deles están hoxe no museo arqueolóxico de Ourense, outros aínda se poden ver en Vilar de Santos.
As pezas importantes do románico, son a igrexa de Santa Maria en Parada de Outeiro e a de San Xoan en Vilar de Santos. A primeira, garda no seu interior a imaxe do santo mais querido dos veciños, por a súa fama de milagreiro, San Bieito, do que a súa maior singularidade é ser "preto" e descendente de escravos.
ANÁLISE SOCIOECONOMICO. O concello de Vilar de Santos, viuse afectado, o igual que outros moitos da Galicia interior, sobre todo na década dos anos 60, por unha forte emigración, tanto cara países europeos con o a outras zonas de España.
Na actualidade, moitos destes emigrantes remataron voltando o concello, repercutindo favorablemente na economía local, sobre todo no sector da construcción.
A economía do concello centrase fundamentalmente no sector primario sendo a agricultura a que ocupa o 45% da poboación activa. Dentro dela, a pataca é o producto mais cultivado. A gandería constitúe outra fonte de ingresos para os habitantes do municipio, destacando, sobre todo algunhas granxas porcinas e avícolas. A pesar de ser un concello pequeno observase un elevado nivel de mecanización no sector agrícola.
MONUMENTOS E MUSEOS. A igrexa de San Xoan ten no seu haber o merecemento de ter mudado de lugar nos anos 60, transportado polos veciños pedra a pedra dende Saa ata Vilar de Santos e completada con pezas dunha antiga capela hoxe desaparecida.
Do século XVII son os pazos de Parada e de Outeiro, mostras da arquitectura da comarca da Limia deste tempo. Ambas naceron como casas grandes ligadas a explotacións agrarias.
Os veciños de Vilar de Santos, coma o resto dos limians están profundamente ligados a terra. Durante séculos a producción de cereais foi a base da súa economía hoxe substituidos en gran parte pola pataca. Este feito conforman moitas das súas sinais de identidade.
A arquitectura popular reflicte claramente a abundancia doutro tempo, non hai aldea sen forno, nin parroquia sen muíño.
O Museo Etnográfico da Limia ( pertence a Rede de Museos da Xunta de Galicia e o Sistema Español de Museos).
O museo ten seis salas que agrupan a colección baixo os seguintes títulos: A Limia, O liño, Os Oficios, A Pataca, O Agro e A Casa.
Ademais conta cun obradoiro de tecidos artesanais en activo, tenda de lembranzas e biblioteca especializada.
Concértanse visitas con guías. Unha das singularidades deste museo é que os guías son artesáns hoxe retirados que falan dos seus oficios.
A igrexa de San Juan: Románica do século XII
O parque Municipal, con instalación deportivas, xardíns e estanque. O rio Limia e os pozuelos da antiga Lagoa, onde hoxe volven aniñar as aves acuática, patos, galiñas de auga, etc....
A capela de Santa Marta: de arquitectura popular, en Catelaus.
A igrexa de Santa Maria (Románica), cun singular cimborrio coroando a nave e no que se encontra a imaxe de San Benito Preto. Tamén o Pazo da Señorita e dos Marquina, singulares mostras das casas señoriais do século XVIII. Os dous monumentos anteriormente citados encóntranse en Parado de Outeiro.
fonte:Inorde