| | TORRE DO CASTRO | ![]() |
A Torre do Castro, Tamén coñecida coma Torre de Sandiás, formaba parte das catro fortificacións que protexían a Lagoa de Antela (Pena, Celme e Porqueira).
Data do século XII, aínda que unha lenda anterior, pouco verosímil, conta que no tempo de Alfonso o Casto (século IX) pertencía a Sancho Díaz (Sandías) que tivo da irmá do rei, Ximena, un fillo bastardo, o coñecido Bernaldo do Carpio. O certo é que a torre xa existía no século XII, sendo escenario das loitas polo establecemento da fronteira con Portugal.

No ano 1368 foi asaltada polo duque de Lancaster cando pretendía o trono de Castela. Tamén os Irmandiños, aproveitando a traición dun criado dos señores do castelo, entraron e prenderon lume nel.
Logo foi posesión dos señores de Maceda, do Conde de Benavente, do marqués de Viana e, finalmente, da casa de Santana e Monterrei.
Hoxe só queda parte da torre da homenaxe na que se poden ademira-los muros de máis de catro metros de grosor.


