| | TORRE DA FORXA | ![]() |

A Torre da Forxa formaba parte das catro fortificacións que protexían a Lagoa de Antela (Sandiás, Celme e Pena).
Tamén coñecida coma Torre de Porqueira foi construída polos séculos XI ou XII, como defensa de Galiza nas loitas entre os curmáns Afonso Henríquez de Portugal e Alfonso VII de Galiza. Este último cedeuna ó bispado de Ourense no 1157, que estableceu nela un mosteiro de frades xerónimos. O seu prior exercía xurisdicción sobre a vila da Forxa.

Consérvase a casa prioral, convertida en pazo, pouco antes de chegar ó pé da torre, á esquerda.
No século XIV foi ocupada polo duque de Lancaster e pouco despois asaltada polos Irmandiños. A igrexa co seu claustro medieval desapareceu, aproveitándose as pedras en outras construccións.

A torre conservouse en bo estado, xa que estivo ocupada polas oficinas do concello ata que foi vendida a un particular.
Afírmase, sen apoio documental, que foi sé do rei de Galiza García.