SARREAUS

Poboacions de Sarreaus:

SARREAUS A PORTELA AMEA BRESMAUS CODOSEDO CORTEGADA
COUSO FOLGOSO FREANDE LODOSELO MEILAS NOCELO DE PENA
O FREIXO O PENEDO O VEREDO PADROSO PARADIÑA PAZOS
PERRELOS SAS TARRAZO VILARIÑO FRIO

Poboacions de Sarreaus:

A Portela da Quinta, Ameá, Bresmaus (San Bartolomeu), Codosedo (Santa María), Cortegada (San Xoán), Couso, Folgoso, Freande, Lodoselo (Sta. María), Meilas, Nocelo da Pena, (San Lourenzo), O Freixo (Santiago), O Penedo, O Veredo, Padroso, Paradiña (Santa María Madalena), Pazos, Perrelos (Santa María), Sarreaus (San Salvador), Sas, Tarrazo, Vilariño Frio

SITUACIÓN:

O Concello de Sarreaus, está na comarca de A Limia alta e ten unha superficie de 72 km2. A capital municipal, Sarreaus, dista 52 km de Ourense e 11 km de Xinzo de Limia. O nome do concello, Sarreaus, provén do latín sarrio ou sario, equivalentes do galego sarrio e referente ós terreos areosos formados por aluvións fluviais posteriormente endurecidos.

DESCRICIÓN XEOGRÁFICA:

Encaixado entre a Serra de San Mamede ó norte e aberto á depresión limiana ó sur repártese entre dous dominios diferentes, val e montaña, cunha distribución espacial semellante. A temperatura media anual é de 10,8ºC.

O río Limia, que nace no monte Talariño na parroquia de Paradiña, organiza a rede fluvial, á que tributan os regatos de Valdelobos, Padroso, Sas, Freixo, Lodoselo e A Veiga.

HISTORIA E ARTE:

Sarreaus non conta por agora cun traballo en profundidade sobre a súa evolución histórica, pero podemos acceder a numerosas referencias illadas. No Neolítico é obrigada a mención ós megalíticos, panteóns funerarios construídos a partir do neolítico final polos primeiros agricultores e pastores que coñecemos na Galicia Interior.

Da primeira Idade dos Metais ou do Bronce Antigo atopámonos cunha machada na arqueoloxía do noroeste peninsular, que chegouse a empregar como referencia para denomina-lo horizonte do Bronce inicial en Galicia: o Horizonte Roufeiro.

Representante da cultura castrexa son os poboados fortificados onde habitaban galaicos. O pobo galaico Limici viviu nos castros da Cidade, a Gándara, Tarrrazo e a Rocha, entre outros. Durante a Idade Media Sarreaus forma parte da terra da Limia. Contamos con evidencias desta época na feitura romana da Igrexa de Codoselo. Tamén por esta zona transcorría o camiño medieval que partiría de Cortegada para pasar por Portela da Quinta, Bresmaus, Pazos e Codosedo. Dende aquí incorpórase a outro que unía Verín con Ourense a través de Paradiña e Veredo.

Na Idade moderna, Sarreaus estaba dividido en varias xurisdiccións pertencentes ós nobres laicos e ordes militares.

A principios do século XIX, na Idade Contemporánea, existen referencias ó Concello Constitucional de Cortegada e atopamos os concellos de Codoselo e Lodoselo. Será a partir de 1835, coa definitiva división municipal, cando nace o actual concello de Sarreaus, hoxe en día pertence á mancomunidade intermunicipal de " A Limia ".

ARTESANÍA E GASTRONOMÍA:

En gastronomía é típico o " Porco Asado " para repoñer forzas o domingo de entroido, regado con abundante viño, nunha comida aberta e gratuíta para veciños e visitantes.

MONUMENTOS E MUSEOS:

O patrimonio cultural e histórico de Sarreaus ofrece varios centros de interese. Na arquitectura relixiosa destacan tres igrexas. A de Cortegada de Limia que conserva a portada do século XII, a igrexa de Perrelos cunha porta románica, e o templo de Codesedo que pertenceu á encomenda de Barra encargada pola orde de Santiago, a igrexa é románica de gran alzada, que nos fai lembrar á de Portomarín, ten contrafortes e torre cadrada do século XVI con clásico campanario e dentro atópase un Cristo gótico. En Nocelo da Pena atópase o xacemento prehistórico de "Roufelo" paradigma do Bronce antigo en Galicia e no emplazamento da antiga Civitas Limicorum. En Perrelos atópanse varios castros e a Pena do Arangaño, á que se atribúen propiedades curativas contra este mal. Alí eran levados os nenos que o padecían, facíaselles pasar por un burato espidos debendo deixa-la roupa abandonada.

Tamén destacan outro monumento como A Pedra Alta de Antela, sita o da desaparecida " Lagoa de Antela ".

FESTAS E FEIRAS:

As festas máis coñecidas xiran ó redor do Entroido, non en vano estamos moi preto de Xinzo de Limia e as súas pantallas ; tamén de Laza e os seus Cigarróns e de Arnuide e os seus Felos.

Sarreaus e a terra do Entroido. Aquí o "Vergalleiro" é o protagonista, dono e señor nos días de festa que preceden á Cuaresma. Esta personaxe porta traxe formado por blusa de liño e chaleco negro de feltro, polainas con pompóns roxos, faixa do mesmo colos con pompóns negros e unha cabeza que leva debuxados motivos celtas. Na mao cada Vergalleiro, leva un corno que fai soar a medida que percorre as rúas, invitando á participación no festexo. O día grande do Entroido é o domingo de Entroido. Día tras día, está asegurado o amencer e tan só resta tempo para repoñer forzas co porco asado típico do Entroido.

fonte:Inorde

www.xinzodelimia.info