| | CONCELLO DE SANDIAS
|
| SANDIAS | A CHOUSELA | A CORGA | A FONTELA | A LADEIRA |
| A LAVANDEIRA | ARCOS | AS PEGAS | CARDEITA | CERREDELO |
| COALLOSO | COUSO DE LIMIA | NOVAIÑO | O CASTRO | PIÑEIRA DE ARCOS |
| SANTA ANA | VILARIÑO DAS POLDRAS | ZADAGOS |
A Chousela, A Corga, A Fontela, A Ladeira, A Lavandeira, Arcos, As Pegas, Cardeíta, Cerredelo, Coalloso, Couso de Limia, Couso de Limia (Santa María), Novaiño, O Castro, Piñeira de Arcos, Piñeira de Arcos (San Xoán), Sandias (Santo Estevo), Sandiás, Santa Ana, Vilariño das Poldras, Zadagos
DESCRIPCIÓN XEOGRÁFICA
Este municipio situase no suroeste da provincia de Ourense, a tan só 33 quilómetros da capital provincial, seguindo a carretera nacional 525 en dirección a Verín, formando parte da comarca da Limia.
Ten unha superficie de 52,9 Km², onde , segundo censo poboacional correspondente ó ano 1991, vivían 1944 habitantes, agrupados en parroquias de Piñeira de Arcos, Couso e Sandías, alcanzando unha densidade que non supera os 36,7 habitantes por Km².
Dende o punto de vista físico, no concello distínguense dúas unidades mofolóxicas, claramente diferenciadas entre si: a primeira, ocupa un pequeno sector montañoso sito no extremo maís occidental, está formado polos montes de Cantariñas, Souteiro, Nogueira, e Coalloso, con altitudes comprendidas entre os 700-900 metros. A outra, unidade mofolóxica, que ocupa a maior parte do termo municipal, está formada polas terras más lisas que prolónganse o longo da lagoa de Antela. Esta segunda unidade e, sen dúbida, a parte maís humanizada e dinámica do municipio, xa que nela localízanse a maior parte dos asentamentos da poboación, así como as explotacións agrícolas maís rendibles e productivas.
RESEÑA HISTÓRICA.
As investigacións levadas por algúns historiadores parecen confirmar que as terras do concello de Sandiás foron habitadas por poboadores romanos, como é a proba a existencia dun miliario que atestemuña o paso polo concello da calzada romana que ía de Braga ata Astorga, como o probable asentamento da mansión romana de nome Xéminis.
Na Idade Media, o castelo medieval construído no concello, foi testemuña, entre outros acontecementos, do levantamento irmandiño do 1471, ano no que foi arrasado de novo e reconstruído.
Maís tarde, durante a Idade Moderna, tanto a torre como a xurisdicción, pasaron a mans da Casa de Maceda. Posteriormente, no século XVII, pasou a formar parte da Casa de Santana coma gratitude pola axuda facilitada por esta familia a Felipe II, recrutando homes para loitar na guerra hispano-lusa.
ANÁLISE SOCIOECONÓMICO.
A agricultura constitúe a principal actividade económica que se desenvolve no concello, ocupando o 47% da poboación activa. O cultivo da pataca e o maís estendido dentro do conxunto de productos agrícolas que se colleitan no concello, obténdose, unha producción moi elevada, por unha parte dado a rendibilidade que ofrecen as grandes explotacións, resultado do proceso da concentración parcelaria levada a termo no concello, e por outra banda, o elevado nivel de mecanización agrícola.
A actividade agraria desenvolvida no concello complementase coa implantación dunha serie de granxas de gando bovino destinada, sobor de todo, á producción láctea.
CULTURA Y MONUMENTOS:
O s elementos de maior interés turístico e de maior valor histórico cultural que encontramos no municipio de Sandiás son:
-Igrexa de San Estevo, Rectoral de Sandiás, Pazo de O Espido en Sandiás.
-Igrexa de San Xuan, Capela de Santa María, Rectoral en Piñeiro de Arcos.
-Igrexa de Santa María, Rectoral, Pazo de Telleiro en Couso de Limia.
-Capela de Arcos
-Capela de Coalloso
- Pazo dos Marquina y capilla en Vilariño das Poldras.
- Casa da Capela y capilla en Zadagos.
- Casona en Santa Ana.
- Torre del castillo medieval de O Castro
- Ermita de San Bieito de A Uceira.
- Miliarios.
Aínda que todos eles son puntos de interese uns teñen especial importancia polo seu valor histórico, artístico, etnográfico o polo perigo o que a falla de conservación os está levando.
Igrexa de San Estebo de Sandiás:
Foi construída polo mestre de canteira Bartolomé de Nosende ante do 1520.
Tipoloxicamente pódese incluír dentro das igrexas dunha nave e ábside rectangular, unido a un corpo de presbiterio cadrado e cuberto por unha bóveda de crucería.No interior os arcos torales descansan nas altas columnas adosadas os muros presentando nos seus empregadascapiteis motivos renacentistas.
O retablo Maior está incluído na cabeceira da igrexa e ten unha altura de 6 m. e un ancho de 5 m. feito en policromía de madeira con imaxes de Moure. A obra foi feita por Xóan Fernández o Mozo, veciño de Allariz. O retablo ten un zócalo con diversos temas pintados, dous corpos divididos en tres rúas e un ático. O primeiro corpo, nos laterais, ten a Pablo e Pedro, no centro, o sagrario. A parte central do seguinte corpo esta ocupada polo titular da igrexa de San Estebo, os seus lados San Lorenzo e San Francisco. O Calvario sitúase no ático.
No referente ó estado de conservación do retablo, a humidade provocou desaxustes nas distintas pezas empladas na elaboración da estructura favorecendo alteracións parciais do soporte, coma dos ensamblaxes, gretas e alabeos. Detectáronse tamén perdidas de volume e mutilacións accidentais localizadas nas zoas que sobresaen coma peanas e cornixoutrosas.
En cuanto ós anclaxes púidose observar dous dos existentes nos laterais superiores no remate do segundo corpo, e outos dous no ático. Tanto uns como os outros, aínda que son de ferro están oxidados, non teñen un estado de corrosión alarmante, polo que a súa función susténtante conservase en boa medida.
Toda a retablística en madeira policromada amosase recuberta cunha imprimación en cor branco, que era unha mestura de carbonato cálcico mais colas proteínicas de orixe animal, xeralmente cola de coello.
Torre medieval de O Castro
A torre do castelo, único elemento conservado, atópase en ruínas. Dende a súa construcción no século XII, arrodean esta fortaleza lendas que falan de cidades somerxidas e guerreiros mitolóxicos. Foi tomado e arrasado polas tropas inglesas o mando do Duque de Lancaster e posteriormente polos Irmandiños. Maís tarde foi reconstruída. Xogou un gran papel na guerra hispano-lusa do século XVIII.
É unha ruína claramente consolidade, quizais tería que librarse da maleza que ten cedido nos seus muros e que podería provocar gretas nos sillares que facilitarían a entrada da humidade nos muros.
Ermida de San Bieito da Uceira:
Sitúase nun monte fronte ó da Torre. A actual capela viría a cristalizar un antigo lugar de culto sito no outeiro alpendres dende o que se divisa un panorama que é todo un espectáculo, toda vez que é o altar de San Benito.
A capela está rodeada dun muro de cantería que separa o ámbito sagrado do profano; preto a dito muro hai alpendres ou cobertizos, é un exemplo da arte popular barroca do século XIX, no interior é dunha soa nave con cuberta de madeira, ó exterior unha fachada retablo coroada cunha espadana cun campanil e dous pirámides de bolas ós lados. Alberga un retablo barroco ou neoclásico con imaxes de San Ramón, Santa Lucia, e San Bieito que protexe o mundo campesiño e gandeiro.
O día da romaría colocan a efixie do santo nunha mesa sita no medio da capela par que a riada de romeiros podan cumprir có santo. A misa celebrase fora nunha mesa altar diante da gran explanada presidida por un cruceiro coa imaxe de San Bieito chamada "O San Bieito Pequeno"
FESTAS :
Se ben e certo que os festexos populares decairon bastante, inda se manteñen no concello un gran número de festas tradicionales de carácter relixioso. Entre as mais importantes destacan a de "San Mateo" (en Vilariño das Poldras, os días 20 y 21 de setembro), cuio orixen se debe a feira do cabalo que hasta fai pouco existía no . Tamen certa importancia a da "Virgen del Rosario" (en Sandiás, el 1 y 2 de octubro), a de "San Roque" ( en Zadagós, los días 20 y 21 de agosto) e a de "San Benito", que se celebra todos los luns de pascua na fermosa ermita sita no monte de San Bieito.
"TORRE DO CASTRO"



www.xinzodelimia.info dojagosa@hotmail.com