| |
"PEDRA ALTA" | ![]() |
E o menhir mais coñecido da zona, Pedra Alta ou Antela.
A Procedencia da pedra ten unha lenda na que a esencia e a mesma e so cambia o persoaxe.
A Virxe ia voando dende o monte Poedo camiño de Cortegada, levando a pedra a cabeza , o chegar onde esta hoxe caeulle quedando chantada no chan.Outros din qie era unha Moura que ia fiando levando a Pedra a cabeza.


Pódese ver o fondo a Torre de Pena.

E un menhir situado no centro da Lagoa de Antela.iste monolito de granito da época do Neolitico, tercer milenio ante de cristo, Empleada como marco divisorio dos concellos de Sarreaus, Xunqueira de Ambía e Vilar de Barrio, alcanzaba unha altura de 3,75 m, e un grosor entre os 0.42 e os 0.75 m. No ano l975 foi derrubada por un trauctor e levantada novamente no l986; hoxe aparece colocada sobre un pé que non lle favorece e esta fora de seu contexto arqueolóxico. Este monumento e a pegada mais antiga da Limia, dicese tamén que esta pedra foi a que lle deu nome a Lagoa de Antela ,os habitantes da zona coñeciann istes monumentos polo nome xenerico de "anta" ou o diminutivo, " antela"
.