Historia.
HISTORIA:
Segundo a tradición popular, a antiga Antioquia estaba para uns no val de Xinzo e para outros no fondo da lagoa de Antela, onde se atoparon pilotes carbonizados dunha construcción palafítica e puntas de frecha do Eneolítico.
Existe unha lenda que conta que a antiga cidade de Antioquia foi castigada coa inundación quedando sepultada baixo as augas pola idolatría do seu culto o galo. Estas lendas perpetúan a memoria de antigas poboacións lacustres, que teñen a súa testemuña na lagoa e nos desaparecidos "cortellos".
Perante a dominación romana estas terras estiveron poboadas polos límicos e no norte do concello consérvanse vestixios da vía XVIII, que unía Braga e Astorga, e os restos dun canal de 26 Km para drenar a lagoa. Estrabón relata que Décimo Xuño Bruto rematou ca lenda do río Lethes (outro nome do Límia), segundo a cal o que o cruzara esqueceríase da súa patria e da súa vida anterior.
Pola situación fronteiriza, estas terras foron invadidas en varias ocasións polo rei Alfonso Henríquez e recobradas por Fernando II pasando a constituír un condado. Tamén sufriu os avatares da revolta irmandiña, así como as disputas da separación definitiva de Portugal no século XVII e mais tarde na Guerra da Independencia.
As actuais parroquias formaban parte, na súa maioría, da xurisdicción de Xinzo de Límia, na que establecía o seu señorío o conde de Monterrei, outras dependían das xurisdiccións da Torre de Portela, que pertencía o conde de Lemos, da de Porqueira, Novás, Mosteiro e Xunqueira de Ambía.
Coa formalización dos primeiros concellos xurdiron Xinzo e Moreiras, logo no 1822 desaparece este último pero figuran outros novos (Fiestras, Ganade, Guntín, Guntimil e Pena), ata que no 1927 queda definitivamente constituído o de Xinzo de Limia cos seus límites actuais.
E curioso sinalar que a comezo do século XIX a marquesa de Longueville fixo algunhas obras de desecación da lagoa, coa finalidade de exportar ancas de ra a Francia