Federico Cocho de Juan

Federico Cocho

Federico Cocho de Juan naceu en Xinzo de Limia (Ourense) en vésperas do Entroido de 1958. Licenciado en Periodismo pola Universidade Complutense de Madrid, exerceu a súa profesión nesta cídade e tamén en Sevilla, Santiago e A Coruña. Traballou, entre outros medios, na Axencia Efe, El Correo Gallego e Radio Galícia. En 1984 incorporouse á redacción central de La Voz de Galícia, xornal no que ultimamente se ten especializado na elaboración de reportaxes e no que publicou decenas de traballos sobre o Carnaval en Galicia. É premio de periodismo "Julio Camba" de 1974 e coautor do libro colectivo Galicia, raíz y horizonte (1987).

www.xinzodelimia.info Contador Gratis