Carmen Novoa Diz

XINZO DE LIMIA 1951-2002

Carmen Nóvoa In Memoriam.

Foi despois dunha triste fin de semana, na que aínda non nos podíamos facer a idea de que un dos escritores limiáns mais univeisais, Carlos Casares, xa non estaba connosco, cando nos chegou a noticia do tamén prematuro pasamento de Carmen Nóvoa, "pintora do Xinzo maxico e lacustre,, como a definira o critico de arte Fernando Mon.

Púxeme, entón, a evocar os momentos que viviramos xuntas e lembrei que o primeiro recordo que tiña dela era un detalle que xa anunciaba a súa vocación: foi nun daqueles interminables "estudíos" do colexio Santa Mariña nos que nos daba tempo a facer algo de todo, estudiar as leccións, facer os deberes, falar coa do lado ou outras inocentes trasnadas.

Carmen, cansada xa de facer algo de todo, púxose a debuxar, o que facia xa realmente ben. Estaba tan entretida, que non se decatou da chegada de D. Angel, o director do colexio,"¡Que cachada! pensamos todas vaille por un castigo. E non nos equivocamos, pero o que realmente nos sorprendeu foi o tipo de castigo que lle puxo: "Como a usted, Señorita Nóvoa, le gusta mucho dibujar, me va a demostrar el arte que tiene haciendo cincuenta copias iguales a esta" díxolle e así o fixo: cincuenta mozas exactamente iguais as que acababa de debuxar e que mereceron a felicitación do profesor.

Seguimos logo camiños diferentes, véndonos con moi pouca frecuencia ata que, aproveitando un periodo vacacional, tiven a oportunidade de facerile unha entrevista para o xornal no que traballaba, o que me deu a oportunidade de renovar a nosa amizade, de coñecer un pouco a sua obra, e de admira la delicadeza, sensibilidade e dozura que desprendia a súa persoa.

Pouco despois, e dende a Concellería de Cultura de Xinzo, pedímosille a súa colaboración en diversas ocasións, participando activamente connosco nas diversas actividades que programábamos. Realizou entón diversos carteis anunciadores do entroido, das festas da patroa cu mesmo actuou como pregoara delas.

Foi tamén naqueles anos, cando Carmen expon por primeira vez a súa obras na súa terra natal, permitindonos a todos os seus veciños escoltar os sons do seu pincel.

Carmen foi unhna traballadora infatigable na búsqueda da obra perfecta e a súa capacidade creadora non se limitou a pintura, senón que expandiu a súa actividade a outros campos artísticos, como a escultura, a poesia ou o vídeo, achegáncose, deste xeito o que Antón Castro define coma Arte Totall

Pretendemos, tan só dende estas páxina, expresar a nosa gratitude e profundar un pouco máis na súa obra, para que as xeracións presentes, que non tiveron esa oportunidade, e as vindeiras poidan disfrutar dela do mesmo xeito que o fixemes nos.

A SúA VIDA

Carmen Nóvoa Diz, nace en Xinzo de Limia (Ourense), o 16 de Setembro de 1951. Foi, durante moito tempo, a filla única do matrimonio formado por José Nóvea González e Maria Diz Álvarez, comerciantes da vila, sen maris relación co mundo da arte, que os cadros que colgaban na súa mobleria. Sen embargo, Carmen séntese atraída pola pintura dende moi nova.

Inicia os seus estudios de Bacharelato no Colexio Santa Marina de Xinzo, once xa profesores e compañeiros coñecen e admiran a siuaa precoz vocación: "dende nena sentía a arte, sentía a cor, sentía os momentos e viviaos plenamente ainda que non podia expresalos porque non dominaba a cor, entón tiven unha inquietude: saber pintar .. e comencei a pintar no momento en que vin que a miña obra podia reflectir o que eu queria dicir"

Na cidade das Burgas, compaxina o Bacharelato Superior cos estudios de debuxo e pintura na Escola Provincial de Artes e Oficios, obtendo diversos premios nos certames provinciais.

Os dezasete anos trasladase a Madrid para matricularse na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando, e dous anos máis tarde colga, por primeira vez, a súas obras na exposición anual da Real Academia.

Casada, dende o ano 74, con Luis G. Afonso, deixa de ser filla única o mesmo tempo que e nai do seu primeiro fillo, Luis; e a pesar de non vivir xa baixo o mesmo teito, a súa irmá, Susana, vai a seguir o mesmo camiño ca ela.

No 77 obten a cátedra de bacharelato, iniciando a súa docencia no instituto Valle Inclán de Pontevedra, e entón cando Filgueira Valverde lle dedica as seguintes palabras: ,allí ví, en ella un certero criterio de cuánto debe hacerse en el desempeño de unha cátedra, y comprobé la eficiencia de su labor, no sólo dentro de los limites, siempre estrechos del aprendizaje de técnicas, sino en los dilatados horizontes de la expresión y del goce artistico, y escuché sus lecciones, siempre orientadoras, ante las obras que guarda el Museo.

Dous anos máis tarde, trasladase toda a familia a Coruña, onde nace o seu segundo fillo, Pablo.

Instala o seu estudio na Costa da Palloza, continúa coa súa docencia no nstituto Salvador de Madariaga e a partir do ano 90 adicase tamén a facer guíons e dirixir videos artísticos.

Afincada definitivamente nesta cidade conítinúa traballando infatigablemente e coleccionando un sinfin de criticas favoables de todas as suas exposicións ata que, despois dunha longa e penosa enfermedade, falece o 11 de Marzo de 2.002, cando só contaba 50 anos.

A SúA OBRA PICTóRICA:

A hora de abordar este apartado consideramos máis ilustrativo reproducir as opinións que en torno a súa obra verteron críticos e personaxes relevantes no mundo das artes.

Temática:

No hay género pictórico que deje de cultivar: paisaje, naturaleza muerta, florero, retrato,.. "

J. Filgueira Valverde

"Carmen é unha pintora galega, tanto pola ternática dos seus cadros como por ese espíritu e arrecendo que agroman neles, especialmente cando se trata de personaxes femininos dignos representantes dunha venus galega, sensual e soédora

M. A. Laxe Freire.

"Retrato, figura humana, bodegóns, interiores, paisaxías.... son algúns dos xéneros que cultiva con notable acerto".

J. D. Fernández Fraga.

11 Aborda temática dispar, desde uniría concepción da arte figurativa e expresionista em que, como digo, línea e saudade se reflictem com grandeza".

J. L, Fontenla

Composición:

"Loitadora empedernida, lanzase de cheo a busca dunha linguaxe que afonda na valoración espacial e na interretación de figuras xeométricas. As súas obras sorprenden pola forza e dinamismo das súas liñas, e polo xogo a base de variacións compositivas de distintas formas xeométricas, coas que trata de implica lo espectador motívandoo a participar da súa mensaxe.

H. J. Ma Pérez Quintana.

Controia a simetría espacial cuadriculándoa, rompéndoa, dominándoa. Unha irrelevante diagonal, dun dos seus cadros, crúzao de esquina a esquina como rachando a unidade existencial en corpos e situacións diferenciadas, denando a un lado e ó outro espacios de misteno".

X. Ramón BarreiroFernández

Estilo:

"Pintura muy lirica, paleta caliente, dibujo muy tvabajado, ínterionzación, en busca del aima de los paisajes" y del carácter de los personajes".

Filgueira Valverde.

"Dentro da pintura actual, con unha paleta expresionista, xugosa e ricaz, e unha aptitude dibuxistica fluida e matizada, sospeito que late unha vontade de creación máis audaciosa. Na mesma paleta adiviñase que están xermolando outros valores expresivos e innovantes. dos que na obra exhibida puderan acusarse lúcidad antrcipacións".

V. PazAndrade.

Ni que decir tiene que Carmen Novoa pinta con el espíritu y el viento en el que se mueve, casi coqueto, el angel de la guarda le sugiere e aun le dicta cada trazo y cada artístico y tembloroso titubeo, tembloroso de emoción y titubeador de entusiasmo.En ella y en su pintura saludo al triunfo de la transcendente sensibilidad sobre la realidad inmediata"

C. J. Cela.

"Unha pintura como a súa só a pode facer quen trillou os caminos e seguiu os movementos artísticos que se foron sucedendo ata os nosos días, pero ainda así, a súa obra resulta intelexible a calquera profano, tanto cando representa a natureza estática como cando a súa abstracción artística se traduce en representación de símbolos da natureza ou da ciencia ( non por casuálidade é profesora de debuxo).

M. A. Laxe Freire.

"Non se circunscribe a ningunha escola, pero cada obra de Carmen, xa sexa de tendencia impresionista, realsta ou próxima o cubismo e as tendencias non figurativas, leva o selo duniha artista con personalidade e temperamento'.

Fernández Fraga.

"A traxectoria artistica de Carmen Nóvoa, fiel reflexo das tendencias vanguardistas imperantes en España e Europa na segunda metade do século XX, ponnos die manifestó o profundo cambio a operacido na fliosofia desta pintora que vaí dende 0 expresimsmo figurativo dos primeiros tem pos ata propostas máis conceptuais

0 proceso creativo está en constante evolución, e isto poderia explica‑la ruptura que se produce na linguaxe plástica desta artista preocupada, nestes últimos anos, pola busca dunha maior simplicidade nas formas, e pola consecución dunhas garnmas cromáticas neutras que contribúen a potencia‑lo delbuxo".

J. Pérez Varela

"Carmnen Nóvoa pinta con amor. Con todo el amor de que es capaz, que es mucho desde el académico desnudo de Mujer con garrafia" al más expresionista y desasogande de "Mujer con espejos" y Sin embargo, o que predomina en la obra de esta exposición es un postimpresionismo onirico que, en tonalidades suaves, trata de reflejar una realidad de la que nunca tendremos la certeza de si vivida o soñada

A. Nuñez García.

"Desde na sua lec-ao de miusica" de rapaz e palhaco em mistura, até o que podiarnos chamar "Letras azuis en descomposicáo, passando pela "Dancarinas" e jogadores de Cartas" a vida e morte, oú "Velhas da cidade" urbanizada, diluida na soledade (saudade?) compartihada, ou as "Mulleres a nu" C. Nóvoa, desmostra que tem capacidade lírica e saudosa suficiente para saber pintar. A menina, pintada a vermelho inglés ou as forgas em movimento dos "Sem titulo e das "Paisagens 11, enternecidas pela dobragem das cores, demostram os recursos artisticos de C. Nóvoa"..

José Luis Fontenlla.

Técnica:

"Para Carme a arte non ten segredos.Cun grande dominio da técnica, sabe combina‑las cores con mestria e busca a estilización das figuras dun xeito persoal.

Da o mesmo que sexa un retrato, 0u a representación do corpo humano, ou a idealización don animal"

R. Lorenzo.

"Carmen Nóvoa pasa da pintura a escultura con suma facilidade. Ningún recurso expresivo lle é alleo ( ... ).Domina un amplo espectro de técnicas: carboncillo, sanguina, acuarela,óleo ... , ata os últimos e innovadores materiais son empre­gados por ela con notable acerto.

J. D. Fernández Fraga.

"0 tempo e o espacio son nas mánis da pintora, extratexias de sensibilidade expresadas en cores fortes ou desvaidas, en grisallas ou ocres, nesas nubes de xofre que anulan toda a materia como un terror cósmico,

X. Ramón Barreiro Ferná ndez.

"Carmen enoblece nos retratos a persoa representada e convirtea nun ser atraente, se o retratado e amigo, lévanos moito mais ala da simple imaxie do modelo, Nos seus retratos sobresae sempre o rostro, elemento co que trata de conseguir a captación do estado de ánimo do retratado, cousa que sempre logra. Neles amosa un trazo con forza, que se relaciona coa corrente dibuxistica que inicia Botticelli e pasa por Rafael, lngres e os neoclásicos. No debuxo materializa a capacidae para captar cualidades fixas no modelo e, as calidades cromáticas, reflicten a pel, as actitudes e as paisaxes".

A. Fernández Maroño.

"O traballo desta pintora poderia resultar sinxeio nuniha primeira ollada, pero se nos detemos a observa‑las súas obras en profundidade, descubriremos unha artista cunha gran riqueza interior, tremendamente comprometida coas inquedanzas do seu tempo"

J. Pérez Varela.

'A espontaneidade expresiva de C. Novoa, conxúgase cunha técnica pictórica laboriosamente conseguida. E dicir, que engade o seu amplo manantial de inspiración creativa uns coñecemer, instrumentais non que non resultra dificil atopar influencias dos grandes mestres da pintura dende Leonardo da Vinci ata Picasso.

M. A. Laxe Freire.

EXPOSICIóNS MÁIS RELEVANTES:

1972/74 XXVII Exposición Nacional de Pintura. Xaén

1975 Exposición colectiva Facultade de San Fernando. Madrid

1976 Exposición colectiva de Pintura e Escultura en Hortaleza. Monte de Piedade. Madrid

1977 Caixa Galicia. Santiago de Compostela

1978 Galeria Caixa Pontevedra. Pontevedra

1979 Pintores galegos século XX. Pontevedra

1980 III Bienal Internacional das Artes Plásticas. Pontevedra

1981 Aula de Cultura. Pontevedra

1981/93 Sala do Excmo. Concello da Coruña

1981 Centenario Pablo Picasso. A Coruña

1981 Sala Ministerio de Cultura. A Coruña

1983/88 Galeria Caixa Postal. A Coruña

1983 Concello de Xinzo de Limia. Ourense

1984 Sala Asociación de Artistas. A Coruña

1986 Caixa Vigo. Vigo

1989 Fundación Caixa Galicia. A Coruña

1990/92 Exposición A carón da aula". Xinzo. Pontevedra e Vigo.

1992/94 Concello de Cambre. A Coruña

1992 111 Mostra Internacional Fundación Araguaney. Santiago

1994 Concello da Coruña

1995 Galeria Maxam. A Coruña

1996 Hotel Santa Cristina. A Coruña 1996 Plato de TVE. Santiago de Compostela

1998 Atlantis. A Coruña

lqq8 Sala GoVa. A Coruña

1998 Winterthur. A Coruña

1999 Galeria Obelisco. A Coruña

2000 Pavilión de Estudiantes do Campus de Elviña. A Coruña

2000 Xunta de Galicia

2001 Ateneo. Ourense.

Como colofón deste artigo e para seguir demostrando a sensibilidade de Carmen, reproducimos un dos seus poemas.

DEBUXO DUN SOÑO

SINTO máis non podo apaga las chamas que saen das nubes no peitoril e vin que se amaban unha fatalidade así era de simple.

PíDOVOS un remedio caeron en tódalas dúbidas que se asomaron dentro deles.

CONTEMPLO como o mediodía dá unha volta alcanzado polo seu puño o sol da tombos contra as táboas ala onde o xardin ergue o seu ombreiro verde no valo.

VEXO QUE os brillos foxen para o teu corazón coma o paxaro para o seu niño –ábreo por un lado atópa la túa vida por outro lado a súa presencia.

VEXO QUE os minutos pesan, abaixan cada vez máis arestora arrúrribanse as túas palabras o tentar cravar un cravo no silencio. Pasou unha gaivota tristemente chiándo.

VEXO QUE o tempo foxe cara lonxe o tempo busca a outro ser busca instantes inventados os máis hermosos Na vidreira do silencio sinto voces de fora din que amámo lo imperfecto do natural dos corpos que sabémo lo preciso de nos e da tristeza e buscaándote poeta camiñei para atrás, recuei tanto que descubrin os soños olvidados memorias con aromas imposibles.

POR FIN rocei o crista( xa esperta para colle las chamas que saen das nubes e vin asombrada o lonxe o tempoe detrás daquela esquina 'A ETERNIDADE". .

* Publicado nos Cadernos Culturaos do Limia LETHES 4.

Asinado por CONCHITA RUA.

www.xinzodelimia.info Contador Gratis