| | Carlos Gómez Salgado | ![]() |
| La batalla de Xinzo de Limia y su Comarca Extraido de: La Guerra de la Independencia en el sur de la provincia de Ourense : Febrero a Marzo 1809. Allariz, Xinzo de Limia y Valle de Monterrey. Por Carlos Gómez Salgado. Noviembre 2006. | ||||
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
Carlos Gómez Salgado, Xinzo de Limia 1960; E Coautor xunto con Manuel Vázquez Pita, da obra teatral “Limia, a historia do Lethes" (2001); e autor de “Versos de amor e vida" co que acadou un premio de poesía (1979), e do relato “As campás de Antioquía" (2003).
Foi promotor e coordinador de “A Crónica de Idacio da Limia, Bispo de Chaves", editada en 2004 e encargada, por contrato de obra, o escritor galego J. Antonio López Silva.
Correspondente do Faro de Vigo 1988-1991
Ten sido poñente en diversos foros, coloquios e conferencias; Participou en calidade de Docente no curso de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo “A Limia na época Galaico Romana", Xinzo de Limia 6/05, do que se publicaron as actas dos relatorios (2006).
Sobre temas históricos e costumistas, particularmente sobre a época Galaico Romana, ten publicados varios traballos de investigación e narracións.
Ten publicados artigos de investigación histórica e textos, sobre acontecementos e persoaxes da Limia, ou relacionados con esta bisbarra, así como outros artigos en revistas e periódicos tanto galegos como españois.
Fundador - coordinador e colaborador das revistas locais: Bruión 1983 - 1985; Faíscas 1994-1995; Civitas 2000 – 2006.
Foi o creador do espazo literario Foro Limicorum de Xinzo de Limia, e o organizador
do primeiro e segundo Encontro de Escritores Limiaos, en xaneiro do 2001 e Xuño do 2004.
Organizador do Primerro Encontro de Cantautores e Poetas de Xinzo de Limia en Abril de 1996, coa participación do cantautor SUSO VAHAMONDE.